CAMPO A TRAVÉS 2018

Publicado: Martes 23 Xaneiro 2018
Area: Deportes Eventos

Como ven sendo habitual nas últimas tempadas, Vilalba convirtese no centro provincial das probas de campo a través escolar.  As datas das distintas probas, que aproximadamente comezarán as 11:00 horas, son:

– Fase clasificatoria comarcal: 28 de xaneiro
– Campionato Provincial: 4 de febreiro

Na fase comarcal participarán arredor de 200 participantes, mentras que na cita provincial acudirán uns 500 participantes.

Vilalba contará cunha ampla presenza de nenos e nenas das escolas deportivas do medio rural, da Agrupación Polideportiva San Ramón de Vilalba e do C.E.I.P. Insua Bermúdez.

Todas as probas son organizadas en estreita colaboración entre o Concello de Vilalba, a Agrupación Deportiva Terra-Chá e o Servicio Provincial de Deportes da Xunta de Galicia.