CAMPAMENTOS DE VERÁN 2014

Publicado: Luns 12 Maio 2014
Area: Benestar Social Cultura Deportes Eventos

O luns 2 de xuño abrirase o prazo de inscrición nos campamentos de verán 2014 ata o venres 20 de xuño.

Poderán participar os nenos/as nados/as entre os anos 2009 e 2002. Como tódolos anos haberá 2 quendas:

1ª – 7 de xullo ata o 24 de xullo.

2ª – 28 de xullo ata o 14 de agosto.

Durante ambas quendas, os nenos e nenas disfrutarán con actividades deportivas, psicomotricidade, cantaxogos, expresión corporal, actividades no medio natural, manualidades, cineforum, diversos talleres e moita diversión.

 

Cotas de inscrición:

-90 € para nenos/as do Concello de Vilalba
-180 € para nenos/as de fóra

Para descargar o díptico de inscrición preme no seguinte enlace: dipticos_014