CAMPAMENTOS DE VERÁN 2013

Publicado: Luns 10 Xuño 2013
Area: Deportes Eventos

O vindeiro luns 10 de xuño, a partir das 10 h., ábrese o prazo de inscrición dunha nova edición dos campamentos de verán do Concello de Vilalba para nenos/as nados/as entre os anos 2008 e 2001.

Como en edicións pasadas, a dinámica dos campamentos xirará entorno a actividades axeitadas ás idades dos rapaces e rapazas. Así por un lado, os nenos/as de entre 4 e 7 anos levarán a cabo tarefas de expresión corporal, manualidades, psicomotricidade, reciclaxe de materiais de refugallo, excursións e actividades no medio natural; mentres que por outra banda, as actividades dos nenos/as con idades comprendidas entre 8 e 12 anos xirarán principalmente arredor de deportes alternativos, actividades no medio natural, actividades acuáticas, excursións e talleres.

Premede no seguinte enlace para descargar o díptico de inscrición  Campamentos_verán_13- dipticos_013