Campamentos de verán 2012

Publicado: Luns 9 Xullo 2012
Area: Deportes Eventos

O vindeiro luns 18 de xuño e ata o 4 de xullo,  abrese o prazo de inscrición, en horario de 10 a 14 h, dunha nova edición dos campamentos de verán do Concello de Vilalba, que como de costume, se celebrarán en duas quendas para 80 nenos/as nados/as entre o anos 2007 e 2000.

A primeira quenda comezará o 9 de xullo e rematará o 27 do mesmo mes. Mentres que a segunda quenda comezará o 30 de xullo e rematará o 17 de agosto.

As actividades dos nenos/as den entre 8 e 12 anos xirarán entorno aos deportes: olimpiadas, deportes alternativos, deportes tradicionais, deportes convencionais, actividades na natureza e xogos acuáticos.

Mentres que os máis pequenos/as, entre 4 e 7 anos, disfrutarán, principalmente de actividades de reciclaxe, manualidades, expresión corporal, psicomotricidade, xogos acuáticos e actividades na natureza.

Preme o seguinte enlace para descargar a folla de inscrición: diptico_campamentos_012