Cambios nos correos corporativos

Publicado: Mércores 4 Maio 2016
Area:

O Concello de Vilalba está facendo a migración dos correos corporativos a unha plataforma máis avanzada de correo substituíndo os correos do antigo dominio @vilalba.org ao dominio @vilalba.es.

Os nomes das caixas de correo non cambian e vostede só necesita actualizar a sua libreta de enderezos cambiando @VILALBA.ORG por @VILALBA.ES. Neste proceso ainda recibiremos calquer correo anterior dirixido a @vilalba.org pero para garantirlle unha mellor recepción dos seus correos electrónicos pregámoslle actualice os enderezos a @vilalba.es. Aproveitamos para desculparnos por calquera inconvinte que este cambio lle poida ocasionar.

Concello de Vilalba