CAFÉ QUIJANO CHEGA A VILALBA

Publicado: Luns 11 Setembro 2017
Area: Cultura Eventos

“TOUR ANIVERSARIO”

Cando se cumpren 20 anos desde o seu debut discográfico, Café Quijano regresan aos grandes escenarios con todo o seu potencial eléctrico e acústico.
Nesta xira, os irmáns Quijano fan xustiza a todos os grandes momentos da súa carreira incluíndo tanto o pasado como o presente. Desta maneira, Café Quijano ofrecen un repertorio no que non faltan nin as cancións emblemáticas coas que triunfaron en todo o mercado latinoamericano nin tampouco os arrebatadores boleros acústicos aos que lles dedicaron a súa triloxía iniciada en 2012. E por suposto, tampouco faltan neste show as súas novas creacións. Porque se algo está claro é que Café Quijano manteñen intacta a súa capacidade creativa e non pararon de compoñer novas cancións, novos temas que verán a luz nun próximo disco cuxa saída se espera para principios de 2018. E para demostralo, o grupo xa está a liderar as listas de éxitos e ardendo as redes sociais con ‘Perdonarme’, un single de adianto no que colabora Willy Taburete e cuxo vídeo foi gravado en Miami. O tema converteuse nun dos éxitos do verán de 2017.

O novo espectáculo de Café Quijano recompila, por tanto, dúas décadas de éxitos, novas creacións e por suposto, intensos e sensitivos boleros que calan na fibra dun público maioritario que continúa demandando a súa música.

Desde os hits ‘Nada de nada’, ‘Llaves de Raquel’, ‘La Lola’, ‘Tequila’ y ‘Desde Brasil’ ata o seu último éxito ‘Perdonarme’ pasando polos boleros ‘Me enamoras con todo’ e ‘Robarle tiempo al tiempo’ o novo show de Café Quijano expón preto de dúas horas de historia viva do pop latino.

O 15 de decembro Café Quijano actuará no Auditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba (Lugo) ás 21:30 horas. Entradas á venda a partir do mércores 13 de setembro en www.ataquilla.com e na Casa da Cultura de Vilalba.

ENTRADAS AGOTADAS!!