Cabalgata 2015

Publicado: Martes 9 Decembro 2014
Area: Cultura Eventos

Todos aqueles nenos e nenas que queiran participar na Cabalgata dos Reis Magos como paxes o luns 5 de xaneiro, deberán cubrir unha solicitude na oficina de cultura.

Prazo de inscrición aberto desde o xoves 11 de decembro ata o venres 2 de xaneiro.

Idade para participar, de 4 anos en diante.

As prazas cubriranse por rigorosa orde de chegada, e son as seguintes:

Paxes Reais: 3 prazas a cubrir , nenos de 9 a 11 anos, incluídos

Paxes en carrozas: 20 prazas a cubrir, de 4 anos a 7 anos, incluídos.

Paxes a pé con antorcha: 18 prazas a cubrir, nenos de 8 anos a 12 anos, incluídos.

Infórmase que tanto os traxes como as prazas existentes nas carrozas dos Reis Magos son limitados.