BOLSAS DE EMPREGO DE PERSONAL NO CONCELLO DE VILALBA

Publicado: Mércores 31 Xaneiro 2018
Area: Empleo

Na pasada Xunta de Goberno Local do Concello de Vilalba celebrada o lúns 29 de xaneiro de 2018 acordouse iniciar o procedemento para a conformación de tres bolsas de emprego para cubrir as necesidades de persoal do Concello de Vilalba en diversas áreas.

As bases están a disposición de tódolos cidadáns e poden consultarse tanto no tablón de anuncios como no Portal da Transparencia do Concello de Vilalba (vilalba.sedelectronica.es).

As bolsas de emprego convocadas son seguintes:

  • Personal administrativo (C2).
  • Auxiliar de biblioteca (C1).
  • Personal de oficios (C1).

Os prazos de presentación de solicitudes para as bolsas de auxiliar de biblioteca e para personal de oficios serán de cinco días naturais dende a última publicación no Tablón de anuncios e do Portal da Transparencia do Concello de Vilalba así como no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Debido á extrema urxencia e á necesidade para cubrir a praza de personal administrativo, o prazo para presentar solicitudes a esta bolsa será de tres días naturais a partir da última publicación no Tablón de anuncios e do Portal da Transparencia do Concello de Vilalba así como no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

A última publicación das tres bolsas realizouse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo o lúns 5 de febreiro, comezando o prazo de inscrición o martes 6 de febreiro.

A data límite para a presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo de conformación da bolsa de administrativo remata o xoves 8 de febreiro, mentras que para as bolsas de auxiliar de biblioteca e personal de oficios a data límite é o lúns 12 de febreiro.

Detectados errores materiais na transcrición das bases de tres bolsas de emprego para cubrir as necesidades de persoal do Concello de Vilalba en diversas áreas, procedeuse á súa corrección sen modificar ningún aspecto esencial. Estas correccións poderán consultarse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Vilalba.

A lista provisional de persoas admitidas e excluidas para a bolsa de emprego de administrativo C1 está a disposición dos interesados no tablón de anuncios http://vilalba.sedelectronica.es/board/ e na sede electrónica do Concello de Vilalba http://vilalba.sedelectronica.es/transparency/eee02fc2-4da4-43c0-85d4-4d655a3f02ae/.