Blancanieves, el musical.

Publicado: Martes 29 Outubro 2013
Area: Cultura Eventos

Unha nova versión do conto dos irmáns Grimm ambientado en 1950. Unha renovada visión, pensado para gozar en familia, con todos os compoñentes que podemos esperar dun musical con “grandes letras”.
Unha historia apaixonante e máxica, que se mestura para dar á luz, unha arrevesada trama que recorda os momentos máis gloriosos dos fantásticos contos de toda a vida. Un espello esquecido no trasteiro dun antigo castelo, volverá reflectir a vanidade dos seus posuidores.

Espectáculo que terá lugar o domingo 24 de novembro ás 18.00h no auditorio Carmen Estévez.

As entradas xa están á venda na Casa da Cultura prezo das entradas: 10€ nenos_ 12€ adultos.