Bases de Inscrición de Stands para a XXI Festa do Queixo de San Simón da Costa

Publicado: Venres 27 Febreiro 2015
Area: Cultura Eventos

Con motivo da celebración XXI Festa do Queixo de San Simón da Costa, o 4 e 5 de abril, ábrese o prazo de inscrición para todos aqueles que queiran participar na colocación dun stand na feira.

Todos aqueles que queiran participar na colocación dun stand na feira, poderán facelo cubrindo as fichas de inscrición que se acompañan, segundo o tipo de posto a instalar:

Ficha de Inscrición de stand de Alimentación

Ficha de inscrición de stand de Artesanía

Ficha de Inscrición de Asociacións

Data límite de inscrición ata o venres 20 de marzo de 2015.

Ante calquera dúbida que poida xurdir poden poñerse en contacto con nós no teléfono 982 510 305, departamento de Cultura.