Bases de Inscrición de Stands para a Feira do Capón

Publicado: Mércores 12 Novembro 2014
Area: Eventos

O próximo 21 de decembro celebrarase na Praza da Constitución de Vilalba a Feira do Capón de Vilalba. Todos aqueles que queiran participar na colocación dun stand na feira, poderán facelo cubrindo as fichas de inscrición que se acompañan, segundo o tipo de posto a instalar:

Ficha de Inscrición de stand de Alimentación

Ficha de inscrición de stand de Artesanía

Ficha de Inscrición de stand de Asociacións

Data límite de inscrición ata o martes 9 de decembro de 2014.

Ante calquera dúbida que poida xurdir  poden poñerse en contacto con nós no teléfono 982 510 305, departamento de Cultura.