Azou+ obradoiro de Hip Hop

Publicado: Mércores 26 Xaneiro 2011
Area: Cultura Eventos

Dentro do programa da campaña da Secretaría Xeral de Política Lingüística BOCABERTA 2010-2011, o noso concello acollerá a actividade “Azou + obradoiro de Hip Hop”, este espectáculo consiste na actuación de catro cantantes e bailaríns para o alumnado de secundaria dos institutos da localidade, a actuación acompañase simultaneamente dunha proxección en video e dun obradoiro de Hip Hop.

A actividade terá lugar este venres 28 no auditorio Carrmen Estévez:

__ ás 18h  Obradoiro de Hip Hop

__ás 19.00h Azou o espectáculo.

Mais información na web www.azou.eu