AXÓUXERES Unha festa para o teu bebé

Publicado: Domingo 20 Marzo 2011
Area: Cultura Eventos

Durante o mes de marzo terá lugar a “Festas dos Axóuxeres”,  un  programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística que acadou un importante éxito o ano pasado chegando a máis de 2.000 persoas, é que retoma este ano 2011 a súa programación para bebés e familias.

 A actividade está destinada a familias con fillos dende 0 a 3 anos e desenvolverase no auditorio Carmen Estévez os días 13 e 20 de marzo.

___Encontros dos Axóuxeres, un espectáculo de música, de xogos e de palabras,  o 13 de marzo ás 18:30h.

___ Obradoiro Axóuxeres , con técnicas de masaxes para bebés e xogos de iniciación, o día 20 de marzo en sesións de 50 minutos que terán lugar ás 17:30h a primeira sesión e ás 19:00h a segunda sesión.

Informo que o teléfono de reserva de prazas para os Encontros dos Axóuxeres, xa está aberto, e que calquera persoa pode reservar xa a súa praza no 686 160 879.

O teléfono de reserva para o Obradoirio Axóuxeres estarará aberto a semana do 14 de marzo, e é  o 630 230 338.

Para máis información prema Axóuseres