Atención Diúrna á Persoas con Alzhéimer Concello de Vilalba

Publicado: Martes 17 Outubro 2017
Area: Benestar Social

APERTURA PRAZO SOLICITUDES PRAZAS UNIDADE DE ATENCIÓN DIÚRNA Á PERSOAS CON ALZHÉIMER CONCELLO DE VILALBA

O Concello de Vilalba, consciente da presenza no noso municipio dun crecente número de persoas maiores con perda da súa autonomía física e psíquica debido a enfermidade de alzhéimer e outras demencias, que residindo nos seus propios domicilios precisen dunha serie de coidados e atencións de carácter persoal, terapéutico ou social e dado que as instalacións propias sitas Fundación Asilo de Vilalba cumpren todos os requisitos lexislativos, o Concello de Vilalba comprométese a financiación de 5 prazas da Unidade de atención diúrna terapéutica a persoas con Alzhéimer xestionado pola Fundación Hospital Asilo de Vilalba.

Únicamente para cubrir inicialmente as 5 prazas conveniadas da Unidade de Atención Diúrna terapéutica para persoas con Alzhéimer e outras enfermedades neurodexenerativas propias da Fundación Hospital Asilo de Vilalba o Concello de Vilalba abre prazo de solicitude tendo en conta ás seguintes instrucións:

1.- O prazo de presentación de solicitudes será dende o día 16 de outubro ata o 15 de novembro de 2017.

2.- As solicitudes presentaranse no departamento de Servizos Sociais xuntando a seguinte documentación:

  1. Fotocopia do DNI das persoas solicitantes.

  2. Fotocopia do DNI do representante legal ou gardador de feito, se é o caso.

  3. Fotocopia da tarxeta sanitaria.

  4. Informe médico.

  5. Xustificantes de ingresos da persoa solicitante, e no caso de estar casado/a, do seu/súa cónxuxe:

  • Fotocopia da última declaración da renda, ou no seu defecto, autorización para obter o certificado de imputacións do IRPF expedido pola Axencia Tributaria.

  • No caso de percibir pensión do estranxeiro, certificado bancario da contía mensual do ano en curso.

  1. Fotocopia da Resolución da Valoración do Grao de Dependencia, si a tivese.

  2. Fotocopia da Resolución do Plan Individual de Atención de estar incluído no PAR para Centro de día, si a tivese.

  3. Calquera outro documento que se considere necesario para a valoración da solicitude.