As Fabas Máxicas

Publicado: Martes 27 Maio 2014
Area: Cultura Eventos

“As Fabas máxicas” é un espectáculo que pertence ó programa FalaRedes 2014 da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e en virtude da adhesión do Concello de Vilalba a Rede de Dinamización Lingüística de Galicia.
As fabas máxicas está dirixida ao público familiar, principalmente  á xente miúda, a nenos e nenas a partir de 4 anos, é un espectáculo contado en primeira persoa a través da dramaturxia do autor e de monicreques, Caramuxo Teatro achéganos unha nova versión do coñecido conto infantil Xan e as fabas máxicas.

Tras criarse na aldea con súa avoa, Xan vive agora de adulto nun apartamento de Nova York. Un día, coidando as plantas da súa terraza, descobre algo que lle fai lembrar unha infancia chea de aventuras.

Terá lugar no auditorio Carmen Estévez o domingo 1 de xuño ás 18.00h, con entrada de balde.