Al Final de la Carretera

Publicado: Venres 17 Abril 2015
Area: Cultura

358_1409127566O Auditorio Carmen Estévez presentará, o 14 de xuño, a obra “Al Final de la Carretera”, de Willy Russell, cun elenco composto por actores da talla de Manu Baqueiro, Melani Olivares, Mariña San José e Raúl Peña. Coa direción de Gabriel Olivares, a ficha artística complétase coa versión de Juan Carlos Rubio.

“Al Final de la Carretera” é unha divertida e amarga comedia que fala dunha crise: a que sentimos ao darnos conta de que a nosa vida non é nin por asomo como soñaramos.

Para saber máis consulta: SINOPSE AL FINAL DE LA CARRETERA

Lugar: Auditorio Carmen Estévez

Hora: 20.00h

Prezo: 12 € anticipada e 15€ en taquilla.

Venda de entradas: Casa da Cultura de 11h a 13h e de 17h a 20h , e no auditorio o mesmo día da actuación.

Non recomendada para menores de 13 anos