Agrupación folclórica Cantigas e Agarimos “Como cho conto”

Publicado: Luns 20 Setembro 2010
Area: Cultura Eventos

Dentro do programa Galicia móvese 2010 da Consellería de Cultura e Turismo, temos o ciclo Danza 3 cunha gala de música e danza tradicional, coa actuación no caso da nosa vila da agrupación folclórica Cantigas e Agarimos “Como cho conto” o vindeiro sábado 25 de setembro no Auditorio Carmen Estévez ás 20.30h, con entrada gratuíta.