Acto de entrega do I Premio Agustín Fernández Paz

Publicado: Luns 15 Xaneiro 2018
Area: Cultura Eventos

O Instituto de Estudios Chairegos, O Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan o acto de entrega do I Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade á escritora gañadora, María Reimóndez.

O acto que estará presentado por Carmen Hermida, contará coa intervención de Xabier P. Docampo, escritor; Marica Campo, escritora; Marisa Barreiro, presidenta do Iescha, e Agustín Baamonde, alcalde de Vilalba, que darán paso á entrega do Premio a súa gañadora, María Reimóndez.

A continuación terá lugar un pequeno pero variado espectáculo onde non faltarán: a música, a poesía, a imaxe, a narrativa e a plástica.

Así, no apartado musical contamos coa participación de Alfonso Maseda, Mª Xosé Fraga, Grupo de música de JOPAMENBOJA e Buxos Verdes. No poético, será Martiño Maseda o encargado de recitarnos algunha poesía. No plástico, a pintora e debuxante Isabel Pardo estará presente no escenario durante todo o tempo que dure o acto realizando algunha composición que poderemos contemplar ao remate do mesmo. Tamén, dúas rapazas, narrarán un fragmento dunha das obras.

Sábado, día 20 de xaneiro de 2018, ás 20:30 horas, no Auditorio Carmen Estévez de Vilalba.