ABBA , O Musical- 40 Aniversario

Publicado: Xoves 1 Outubro 2015
Area:

ABBAPor motivos alleos ao concello de Vilalba aplazase o Musical ABBA que tiña lugar este domingo 11 de outubro e pasará a celebrarse o domingo 18 de outubro.

Todos aqueles que mercasen as entradas na casa da cultura, poden pasar por ditas instalacións e seralles devolto o seu importe, en caso de que non poidan asistir na nova data.

Desculpen as molestias.

O musical ‘ABBA, 40 Aniversario’ chega a Vilalba para rememorar os seus grandes éxitos. Un espectáculo interactivo, composto por un elenco de 16 artistas que farán a ledicia dos asistentes cos temas máis coñecidos e coreados do mítico grupo sueco, ofrecerán diversión para toda a familia.

Terá lugar no auditorio Carmen Estévez, o domingo 18 de outubro, ás 20.00 h.

As entradas xa estan á venda na Casa da Cultura en horario de 11h a 13h e de 17.30h a 21h, e en taquilla o día do espectáculo.

 

Prezo de entrada: anticipada 10€ e en taquilla 15€.