A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna

Publicado: Luns 7 Marzo 2016
Area: Cultura Eventos

Cartel Manuel Maria sen logos

O vindieiro venres 11 de marzo, o auditorio Municipal de Vilalba Carmen Estévez, acolle a estrea da obra “A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna” a cargo de Lucecús teatro, será ás 20:30h con entrada gratuíta.

Sinopse
Manuel de Paderna é un home que posúe o enfeitizo poético e o dominio da palabra que fai parar as augas dos ríos, variar a situación dos mares, abrollar as fontes ou curar as persoas. Hai quen di que mesmo os paxaros suspendían os seus voos e ficaban inmóbiles no aire para
aprenderen o seu canto e melodía… Manuel de Paderna é algo poeta, tamén traballa de barbeiro e de alguacil municipal. A partir dos textos de Manuel María construímos unha viaxe divertida e curiosa a través de varias historias que lle acontecen a este máxico personaxe.

Organiza: Concello de Vilalba.