A LOLA

Publicado: Martes 23 Maio 2017
Area: Cultura Eventos

O Instituto de Estudos Chairegos, dentro dos actos programados co gallo das Letras Galegas organiza para o vindeiro venres, día 26 de maio de 2017, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, a representación teatral A LOLA, de Manuel Ayán, a cargo da compañía de teatro afeccionado de Pontevedra AVELAÍÑA TEATRO.

A obra quere simbolizar na Lola a todas aquelas mulleres que sobreviviron aos seus seres queridos, arrebatados polo terror franquista. Xoga con situacións no presente (situado a mediados dos anos 60) e co pasado (referencia á II República e aos tempos posteriores ao golpe militar de xullo de 1936). A trama céntrase na influencia que o golpe franquista tivo nas condutas de varias xeracións. Desta forma recréase o ambiente, os ideais e confrontacións entre dúas formas de entender a sociedade, os valores da tradición patriarcal fronte ao progreso e liberdade.

Organiza: IESCHA

Colabora: Concello de Vilalba.