A lingua a p(l)acer

Publicado: Mércores 9 Outubro 2013
Area: Cultura Eventos

O venres 18 de outubro, na Biblioteca Municipal de Vilalba ás 18.30 h. acolle un contacontos a cargo da Trastenda dos Contos “A lingua a p(l)acer”, dirixido para nenos e nenas en idades comprendidas de 4 a 8 anos.

 Ata completar aforo, con entrada libre.

Actividade englobada no programa de Cultura no Camiño 2013, promovida por AGADIC e a Axencia de Turismo de Galicia.