A función do Tequila

Publicado: Luns 24 Setembro 2012
Area: Cultura Eventos

O auditorio Carmen Estévez acolle  “A función Tequila”, obra gañadora do premio Rafael Dieste 2011, espectáculo que poderemos ver no auditorio Carmen Estévez o vindeiro sábado 29 de setembro ás 20.30h

As entradas xa están a venda cun prezo único de 5€,  na Oficina de Cultura de 9h a 15h e na Casa da Cultura de 11h a 13h e de 17h a 20h.

Podéndose adquirir tamén en taquilla o dia da actuación.

Non recomendada para menores de 15 anos.

Sinopse.

A función do tequila é unha peza basada nun feito real, que conta a historia de María Docampo, secretaria de Castelao en Nueva York, en 1938, cando este se atopaba recadando apoios para a causa republicana. No obstante, esta muller resultará ser unha axente do Servicio de Intelixencia Americano, destinada a espiar ao intelectual galeguista.

A obra de Manuel Guede, interpretada por Manuel Manquiña, Santiago Fernández, Luisa Merelas e Elina Luaces.