A Esmorga

Publicado: Luns 17 Novembro 2014
Area: Cultura Eventos

A Esmorga, a película máis agardada do outono en Galicia, estrearase o venres 21 de novembro de maneira simultánea, nas principais salas de cine comercial das grandes cidades galegas e nas principais  vilas, entre as que está o concello de Vilalba.

No Auditorio Carmen Estévez realizaranse dous pases, un o venres 21 ás 20.30h e outro o domingo 23 ás 18.00h.

O prezo da entrada é de 5€,  están xa a venda na Casa da Cultura en horario de 11h a 13h e de 17h a 20h, e en taquilla o día da estrea.

A idade recomendada e dende os 16 anos.

Organiza e patrocina o Concello de Vilalba, colabora IESCHA.