A cociña itinerante dos contos: cociñando contos 2010

Publicado: Martes 10 Agosto 2010
Area: Cultura Eventos

– O vindeiro 13 de Agosto, as 19:00h terá lugar na Área Recreativa de A Madalena a “A cociña itinerante dos contos: cociñando contos 2010”. É un proxecto de animación cultural que, baseado na “ximnasia da imaxinación”, xira ao redor dos libros e do medio ambiente: a través da instalación dunha Ciclobiblioteca cargada con libros en galego sobre o medio ambiente.

Contará cunha duración dunha hora, presentando as  seguintes actividades:

– PASARÚAS LECTOR: unha Ciclobiblioteca percorrerá as rúas da vila anunciando o lugar de instalación e a actividade a desenvolver.

INSTALACIÓN DA CICLOBIBLIOTECA: a Ciclobiblioteca quedará instalada durante unha hora nun dos espazos da vila (praza, parque, praia…) e poñerá libros, contos ou revistas, sobre medio ambiente, á disposición dos usuarios/as.

– “SETEVENTOS”, O COCIÑEIRO DE CONTOS: cociñará contos, e tamén lles ensinará aos asistentes como se cociñan os contos, para que entre conto e conto, aprendan a amar os bosques, os ríos, o mar e as montañas.

NOTA: Nun principio levarase a cabo na Área Recreativa de A Madalena, pero se o tempo non acompaña teremos que desprazarnos ó auditorio municipal “Carmen Estevez”