A Asombrosa Banda Animada

Publicado: Martes 21 Abril 2015
Area: Cultura

A ASOMBROSA BANDA ANIMADA 01Este venres 24 ás 20.30h no auditorio Carmen Estévez, representación da obra de teatro “A asombrosa Banda Animada” interpretado polos alumnos e alumnas do grupo infantil da Escola Municipal de Teatro de Vilalba.

Con entrada libre.

Sinopse.

Na casa das irmás Castro gostaban moito do teléfono móbil e da televisión. Pero un día, o televisor cobrou vida e as irmás e o seu can tiveron que embarcarse nunha inesperada aventura, da man dunha serie de debuxos animados moi especial.