Publicado: Xoves 22 Decembro 2011
Area: Cultura Eventos

Hoxe xoves 22 de Decembro ás 20:30h no Auditorio Carmen Estévez, o grupo de adultos da Escola Municipal de Teatro de Vilalba interpretará a obra Limiares, estreada en no mes de Xullo deste ano.
Con entrada de balde.
 Esta obra é unha sucesión de pequenas historias que nos falan, non das grandes causas humanas, senón das máis íntimas inquietudes, das decisións que somos ou non somos capaces de tomar, e que tantas veces nos deixan ás portas do que puido ser e non foi.
Limiares toma como peza central o texto Umbral, de Paco Zarzoso, ao que se lle engaden outras pezas breves de Carlos Castrillón e Cristina Mariño.