8 de Marzo. Día Internacional das Mulleres

Publicado: Martes 8 Marzo 2011
Area: Benestar Social Eventos

O 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, é un día de reivindicación e compromiso cos dereitos das mulleres en todo o mundo.

Este ano cúmprense cen anos das primeiras movilizacións reivindicativas dos dereitos das mulleres, e a pesar do tempo transcurrido e dos importantes avances acadados, non podemos esquecer que a igualdade real entre homes e mulleres está todavía por acadar.

Nunha data como esta debemos reflexionar sobre as condicións vitais e laborais das mulleres no mundo e sobre os retos pendentes de acadar.

No eido laboral debemos destacar unha importante desigualdade por razón de xénero, que se traduce en menores taxas de actividade e ocupación, maiores taxas de desemprego, maior temporalidade contractual, maior contratación a tempo parcial, forte segregación laboral e unha forte discriminación salarial, problemas ainda máis acusados nunha época de crise económica como a que vivimos.

Quedan pendentes moitos retos, como son a plena corresponsabilidade, que permita ás mulleres acceder ao emprego en plena igualdade; o empoderamento, que implica a participación das mulleres en igualdade de condicións cos homes na vida económica e política e na toma de decisións a todos os niveis; unha verdadeira coeducación, que permita desenvolver todas as capacidades de nenos e nenas para crecer libres de esteretipos sexistas, valorando as diferencias individuais e as cualidades persoais co obxectivo de facer persoas dialogantes, respetuosas e tolerantes, cualidades imprescindibles para previr a máis inxustificable forma de discriminación que sofren as mulleres, que é a violencia de xénero.

Só co esforzo conxunto de toda a sociedade, homes e mulleres, mulleres e homes, seremos capaces de acadar unha igualdade real e unha verdadeira democracia, xa que non podemos falar de democracia mentras haxa desigualdades sobre a metade do xénero humano.