8 de marzo, Día Internacional das Mulleres

Publicado: Sábado 8 Marzo 2014
Area: Benestar Social Eventos Muller

Para conmemorar o día 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, o Centro de Información ás Mulleres, en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade, a Asociación Faraxa de Vigo e os Centros Educativos de Secundaria de Vilalba, organiza varios obradoiros que se impartirán os días 7, 10 e 11 de marzo, segundo o programa que podedes ver premendo neste  enlace.

Nos obradoiros participará alumnado de 1º e 2º da ESO, de 1º e 2º de PCPI e de 1º de BAC, cunha participación aproximada de 350 rapaces e rapazas.