8 de marzo, Día Internacional da Muller

Publicado: Venres 6 Marzo 2015
Area: Benestar Social

8 marzoPara conmemorar o día 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, o Centro de Información ás Mulleres, organiza as seguintes actividades:

OBRADOIROS:
EDUACIÓN EN IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Os días 9, 10 e 11 de marzo, en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade, a Asociación Faraxa e os Centros Educativos de Secundaria, impartiránse trece obradoiros, nos que participará alumnado de 1º e 4º da ESO do IES Basanta Silva e de FP Básica de Informática e de Automoción e 2º de PCPI do IES Lois Peña Novo, cunha participación aproximada de 350 rapaces e rapazas.

CONFERENCIA:

O día 12 de marzo ás 18:00 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura terá lugar unha Conferencia titulada “A resposta do proceso penal fronte a violencia contra as mulleres e os menores”, que será impartida por dona Pilar Fernández Pérez, Fiscala de Violencia de Xénero en Santiago de Compostela e Representante da Fiscalía no Observatorio Galego da Violencia de Xénero. A Conferencia será presentada pola Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella e polo Alcalde de Vilalba, Gerardo Criado Guizán.

Preme aquí para ver o programa de actos.