25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Publicado: Martes 21 Novembro 2017
Area: Eventos Muller

Este ano co gallo do 25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, o Concello de Vilalba, xunto con outros setenta e catro concellos galegos, as Deputacións de A Coruña, Lugo e Pontevedra, vai desenvolver de novo a campaña de sensibilización social chamada EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA – VILALBA EN NEGRO.

Pretendemos que os comercios de Vilalba se cubran de novo de negro do 23 ao 26 de novembro, que os manequíns e o persoal se convertan en portadores de consignas contra a violencia de xénero.

Os establecementos que participaron o ano pasado poden pasar a recoller o material para os seus negocios a partir do luns 20 de novembro nas oficinas do CIM na Casa do Concello.

Aqueles establecementos que non participaron o ano pasado e queiran unirse á campaña poden escribirnos un correo electrónico a vilalbaennegro@gmail.com cos datos do negocio, empresa, asociación…

Este ano, tamén pedimos a colaboración da cidadanía e propoñémoslles que do 23 ao 26 de novembro coloquen na ventás das súas casas UN PANO NEGRO (A partir do luns poderanse recoller bandeiras negras para tal fin nos puntos de recollida: Centro de Información ás Mulleres na Casa do Concello (de 8 a 15 horas) e Casa da Cultura (no seu horario habitual).

Invitamos a todos as veciñas e veciños de Vilalba a sumarse a esta campaña de sensibilización e rexeitamento da violencia de xénero, porque só coa implicación de todas e todos podemos aspirar a vivir nunha sociedade libre de violencia contra as mulleres.

Máis información en: http://ennegrocontraasviolencias.gal/

Preme aquí para ler as actividades conmemorativas do 25 N en Vilalba