23 de abril, Dia Do Libro

Publicado: Luns 23 Abril 2012
Area: Cultura Eventos

O 23 de abril, “Día do Libro”, a Biblioteca municipal de Vilalba celebrará unha xornada de portas abertas de 10h a 13h e de 16.30h a 20.30h, na que todo aquel que o desexe poderá facerse socio de balde, tan só terá que levar o DNI e unha foto tipo carné.

A Biblioteca ten como función fomentar o hábito da lectura e o uso dos recursos de información.

Dispón de varias salas de lectura, para adultos e nenos onde teñen a oportunidade de ler exercitando o papel de usuarios da biblioteca.

Poden levar libros, documentos sonoros e audiovisuais en préstamo para a casa por un prazo de 14 días, ademais de ter a súa disposición  dúas  salas de informática, que en caso de ser menor de 12 anos poderán  facer uso delas  acompañados do pai, nai ou familiar.