1º Concurso de Pinchos de Vilalba

Publicado: Xoves 11 Novembro 2010
Area: Eventos

Vilalba celebra o 1º Concurso do Pincho

Durante  11 días o protagonista é “o pincho”, é sabido que “ir de pinchos” é unha tradición que cada día adquire máis popularidade, xa que combina dúas das actividades que resultan máis atractivas para a maioría, como son a agradable conversa cos amigos nun ambiente distendido e o pracer de gozar dun bo bocado.

Do 11 ao 21 de novembro celébrase o “1º Concurso de pinchos de Vilalba”, no que participan 28 locais do casco urbano. Cada pincho levará como ingrediente, polo menos, un produto da Terra Chá, podendo ser degustados nos establecementos pola noite, de luns a venres, e nas fins de semana, tanto a mediodía como pola noite.

 Haberá catro premios, dous escollidos polo xurado, un polo público e outro para a mellor maridanza cun Ribeira Sacra.

 ParticipaGoza o teu pincho e Gaña un dos múltiples agasallos que se sortean, para iso tan só tes que solicitar a guía nun dos 28 establecementos participantes e segue as súas indicacións.

Para consultar a guía prema pinchos

O concurso está organizado por hostaleiros de Vilalba, o Concello de Vilalba, Función de Uno e Estrella Galicia.