“Un traballo e un traballo”

Publicado: Martes 2 Novembro 2010
Area: Cultura

O Centro Ocupacional Vilalba Terra-Chá pon en escena a función “Un traballo e un traballo”. A representación terá lugar o venres día 5 de Novembro de 2010 as 20:30 h. da  tarde no Auditorio “Carmen Estevez” de Vilalba, con entrada gratuíta.

A interpretación da peza teatral  corre a cargo dos usuarios e usuarias do C.O Vilalba Terra-Chá, quenes tamén se encargaron da elaboración dos decorados e vestiarios.

 O Centro Ocupacional desenvolve esta actividade co obxectivo de poñer en valor as capacidades das persoas con discapacidade intelectual, así como de avanzar na súa integración social e comunitaria.

SINOPSE.
A función titulada “un traballo é un traballo” transcorre en tres actos:
No primeiro deles escenifícase unha ringleira do paro na que aparece un
personaxe chamado Nano tentando atopar un traballo e que estará presente ó longo de toda a
representación.
Deseguido comeza o segundo acto, nel podemos ver a entrevista entre
Nano e a parte contratante.
Por último, xa no terceiro acto, Nano amósalle á súa muller o contrato que
ven de asinar. Todo transcorre nun parque e coa compaña de novos personaxes.
Esta peza, que é unha adaptación da obra teatral “Un trabajo siempre es un trabajo”
do autor alacantino Rafael Belmonte Aguera,
contén tamén referencias ó cine universal evocando escenas de
“Unha noite na ópera”, e de “ Full Monty”
ELENCO:
SUSANA como NANO
LORENA como REBECA
JUAN como PARTE CONTRATANTE
VICENTE como TRANSEUNTE PRIMEIRO
ISABEL como TRANSEUNTE SEGUNDO
MÓNICA como MARGARIDA
ROCÍO como O CHEAS
MIGUEL como O BARRENDEIRO
RICARDO como CARTELISTA
JL. CAZÓN como O CARTEIRO
DAVID VÁZQUEZ como CAMIONEIRO EN PARO
JL. GONZÁLEZ como MÚSICO EN PARO
ÓSCAR como POLICÍA PARO
JC. Como MINEIRO EN PARO
DAVID DOSSANTOS como CAMAREIRO
M.JOSÉ Y JAVI como OFICINISTAS
MANOLI como LIMPIADORA

PRESENTADORES:
IVÁN, JORGE e BELÉN

DECORADOS :
CARLOS, FE e VALENTÍN.