InicioConcelloA Xunta de Goberno Local

A Xunta de Goberno Local

A Xunta de Goberno Local é un órgano colexiado de carácter municipal que está presidido pola Alcaldesa.

A competencia básica da Xunta de Goberno Local é a prestación da asistencia á Alcaldesa no exercicio das súas atribucións, e tamén se pode encargar doutras atribucións que a Alcaldesa e o Pleno lle deleguen, ou aquelas que lle atribúa especificamente a Lei.

As sesións da Xunta de Goberno Local non son públicas, agás as que traten asuntos delegados polo Pleno.

En Vilalba a Xunta de Goberno Local está formada polas seguintes persoas:

  • Mª Elba Veleiro Fernández
  • Rodrigo Pavón Prieto
  • Marta Mª Rouco Seoane
  • Luis Fernández Álvarez
  • Ignacio Criado Montenegro
  • Xosé Teixeiro Pérez