Rex. Asociacións

O Concello de Vilalba, consciente de que o sector asociativo é un elemento esencial integrador da organización da vida municipal e en concordancia co establecido no artigo 9.2 da Constitución, na Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación e no artigo 72 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, aprobou o Regulamento do Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Vilalba (BOP nº 92 de 24/04/2010).

O obxecto deste Regulamento é a creación do Rexistro Municipal de Asociacións, que pretende que o Concello poda coñecer o número de entidades existentes no seu territorio, facilitar as relacións con elas, coñecer os seus fins e representatividade, facilitar e promover a iniciativa e a participación das entidades cidadás nas xestión municipal, para os efectos de impulsar políticas municipais coherentes coas pretensións e necesidades da veciñanza, constituíndo un instrumento para consolidar un tecido social máis moderno.

Preme aqui para acceder á normativa reguladora.
Preme aquí para acceder á solicitude de inscrición (galego).
Preme aquí para acceder á solicitude de inscrición (castelán).
Preme aquí para acceder aos modelos de certificados (galego).
Preme aquí para acceder aos modelos de certificados (castelán).

INFORMACIÓN PARA ENTIDADES XA INSCRITAS

Tal e como establece o artigo 7 do Regulamento polo que se rixe o Rexistro Municipal de Asociacións, para os efectos da continuación da vixencia da inscrición, todas as entidades inscritas no Rexistro Municipal deberán presentar anualmente ante a Alcaldía, antes do 31 de marzo de cada ano, ou día hábil inmediato posterior, a seguinte documentación:

a) Orzamento e programa de actividades para o ano en curso.
b) Memoria das actividades e actos realizados no transcurso do ano anterior.
c) Certificación do/a Secretario/a, co visto e prace do/a presidente/a, da acta da asemblea ou xunta xeral de:

    • – Aprobación do orzamento e programa anual.
    • – Aprobación da memoria de actividades e actos do exercicio anterior.
    • – Número de socios/as a 31 de decembro.
    • – Calquera outra modificación que se producise con motivo da celebración da asemblea xeral de socios/as.

Preme aquí para acceder á solicitude de renovación da inscrición (galego).
Preme aquí para acceder á solicitude de renovación da inscrición (castelán).
Preme aquí para acceder ao modelo de certificado (galego).
Preme aquí para acceder ao modelo de certificado (castelán).

Formulario de consultas

Utilice o seguinte formulario pode facernos consultas ou suxerencias.

Nome da Asociación (obrigatorio)

Nome do/a representante (obrigatorio)

email (obrigatorio)

Asunto

Consulta

Acepto as condicións de privacidade (necesario)
(Clic para ver as condicións legais e de privacidade)