O Pleno

O Pleno é o máximo órgano de goberno municipal e de representación da cidadanía.

Nas sesións plenarias reúnese toda a Corporación para discutir e votar os asuntos máis importantes que afectan ó municipio: orzamentos anuais, proxectos que se van levar a cabo, normas que rexirán o funcionamento do concello, etc.

As sesións están asistidas pola Secretaria e Interventora municipais.

O Pleno está presidido polo Alcalde, que é o que establece a Orde do Día, cos asuntos que se van tratar en cada sesión. Tamén é o que dirixe as sesións, dando a palabra e controlando os tempos. O Presidente pode delegar estas funcións nun concelleiro.

Os membros da oposición exercen un importante papel de control ó Goberno Municipal, ofrecendo alternativas políticas nos diferentes asuntos de interese municipal.

As sesións do Pleno son públicas. Dende esta páxina pódense descargar as actas correspondentes ás sesións celebradas así como informarse puntualmente das convocatorias.

Se precisas calquera outra información ou desexas facer algunha suxestión, estaremos encantados de atenderte.