InicioConcelloBandeira e Escudo

Bandeira e Escudo

A Bandeira do Excelentísimo Concello de Vilalba.

A Bandeira da vila ondeará no exterior de todos os edificios públicos municipais, ocupando lugar preferente xunto coa Bandeira de España, xunto a da Comunidade Autónoma de Galicia e, no seu caso, coa da Comunidade Europea.

  1. Da mesma forma ocupará lugar preferente no interior dos edificios públicos, de conformidade co disposto no Artigo 3.1 da lei 39/1981 do 28 de Outubro, reguladora do uso da Bandeira de España e de outras bandeiras.
  2. De concorrer conxuntamente con outras bandeiras o tamaño da bandeira do municipio de Vilalba, será igual a das outras bandeiras.
  3. Prohíbese a utilización na Bandeira Municipal de calquera símbolo ou siglas de partidos políticos, sindicatos, asociacións ou entidades privadas; Igualmente, queda prohibida a utilización, tanto do escudo como da Bandeira de Vilalba , en calquera do símbolos ou siglas anteriores, así como na publicidade, anagramas comerciais ou similares, salvo os supostos contemplados nos puntos 7 e seguintes do uso do escudo.

 

O Escudo

De sinople, torre octogonal de prata aclarada de sable e na punta xabarín de ouro; bordura de prata coa inscripción AVE MARIA GRATIA PLENA en letras de sable. O  timbre, coroa condal. Boletin da Real Academia da Historia. TOMO CLXXXII. NUMERO III. ANO 1985

Concello de Vilalba debe figurar:

  1. Na bandeira de Vilalba.
  2. Nas placas e fachadas dos edificios públicos dependentes deste Excmo. Concello.
  3. Nos bens e inmobles públicos de uso oficiais no que polo seu carácter representativo, deben de figurar os símbolos de Vilalba.
  4. Nas publicacións que edite a Corporación (libros, xornais, revistas,... ); Os documentos, impresos, membretes, selos de tinta, lacre ou en seco, de uso oficial polo Concello.
  5. Nos títulos, diplomas, pergamiños, e demais documentos que sirvan de soporte a premios honores e distincións, concedidas pola corporación conforme o establecido no correspondente Regulamento para a Concesión de Honores e Distincións.
  6. Nas medallas, distintivos, e emblemas utilizados oficialmente polos membros desta Corporación Municipal, así como polas entidades e persoas físicas que foran distinguidas pola Corporación.
  7. Nos demais casos nos que regulamentariamente sexan establecidos por este Concello.
  8. No obstante o establecido no artigo anterior, manteranse os escudos existentes en todos aqueles bens ou inmobles que sexan de interese histórico, cultural ou artístico.
  9. As entidades de carácter cultural ou deportivo que viñeran usando, sen ánimo de lucro, o escudo da vila, en calquera das súas variantes, poderán seguir usando, previa autorización do Concello, que garantirá que aquel uso non menoscabe a súa alta significación.
  10. Todas as entidades mercantil ou particulares que, con ánimo de lucro, aspiren a facer uso do escudo da vila para incorporalo aos produtos por eles fabricados, obxectos artísticos e de artesanía, tarxetas postais ou similares, e en xeral os denominados como “recordo turístico”, deberán obter autorización expresa deste Concello, que, a vista das circunstancias concorrentes, estimará ou desestimará a petición, segundo conveña ao prestixio e dignificación do escudo.
  11. Para a obtención das autorizacións que se refiren os tres puntos anteriores os interesados formularán solicitude dirixida o Sr./Sra. Alcalde/esa- Presidente, facendo constar na mesma: a) Nome, apelidos e domicilio do interesado, ou denominación social si se trata de persoa xurídica e, no seu caso, da persoa que os represente. b) Feitos e razóns que motiven a solicitude, na que deben concretarse con toda claridade a petición; detallarase a finalidade perseguida na utilización do escudo, forma na que se prevea realizala e calquera outro dato que se estime de interese xustificativo da autorización que se pretenda. C) Lugar, data e sinatura do solicitante.
  12. O Alcalde/esa-Presidente ou Concelleiro/a Delegado/a, a vista dos antecedentes que figuran no expediente, resolverá en consecuencia, podendo, cando o considere oportuno, requirir informe das persoas ou institucións que a súa opinión xulgue conveniente coñecer.
  13. As autorizacións que se outorguen quedan estritamente limitadas aos usos para os que foron concedidas, e quedan sen efecto cando desaparezan as circunstancias que motivaron o seu outorgamento ou sexan incumpridas as condicións a que estiveron subordinadas.