InicioConcello

Concello

Habitantes: 14.326

Vila antiga e señorial, chea de recunchos e lugares que paga a pena coñecer e que posúen unha personalidade histórica propia. As nosas parroquias evidencian a pegada de antigas civilizacións castrexas e o paso da emigración en magníficas escolas habaneras; o visitante atopará entornos naturais únicos pegados á paisaxe da auga que domina toda a chaira. Os nosos produtos típicos son auténticas xoias da gastronomía coma o capón e o queixo de San Simón da Costa.

O Concello é a administración máis próxima ó cidadán, o lugar ó que os veciños acoden, en primeira instancia, para resolver necesidades e demandas relacionadas coas competencias municipais. Por este motivo, este apartado da web desexa ser unha guía na que se divulguen os distintos servizos que ofrece o Concello de Vilalba, as súas funcións e enderezos, os seus horarios e os responsables de cada área, para que o cidadán estea informado en todo momento que é o que pode esixir e cáles son as obrigas que debe cumprir, datos esenciais para facilitar a participación na vida do Concello.

Benvidos

A páxina web municipal será unha ferramenta fundamental, unha páxina sinxela, accesible para encontrar o que se busca.

Nesta páxina os usuarios poderán encontrar os camiños para chegar a todos as prestacións que o concello ofrece, dende unha simple información telefónica ata a tramitación de xestións administrativas, un portal electrónico para ter o concello mais preto.

Dende a páxina web coñecerás unha vila aberta ó mundo que destaca pola súa historia, paisaxe, gastronomía e a súa xente.

A Nosa Vila

Vilalba é a capital da comarca da “Terra Chá”, situada no centro da provincia de Lugo. O noso concello limita ó norte cos de Abadín, Muras e Xermade; ó sur, con Cospeito, Begonte e Guitiriz; polo leste, con Abadín e Cospeito; e polo oeste, con Xermade e Guitiriz.

A súa extensión total é de 379 km2 cadrados, repartidos en vintenove parroquias, ademais do casco urbano da vila.

Topográficamente, estamos diante dun concello ocupado na súa maior parte por unha extensa chaira, agás na súa zona norte en que se sitúan as serras da Carba e do Xistral. Nesta última álzase o monte

Monseiván, cunha altitude máxima de 929 metros sobre o nivel do mar. O feito de estarmos diante dunha grande planicie pode considerarse altamente favorable para o aproveitamento agrario.