Certame literario

logo concello transparente

 

BASES DO XLIII CERTAME LITERARIO DO EXCMO. CONCELLO DE VILALBA 2017

Descargar estas Bases (PDF)

Para participar pode optar por enviar os traballos nun dos dous formatos: correo tradicional ou mediante formulario en liña xuntando un documento en formato PDF e indicando o lema co que participa (neste último caso deberá ademais remitirnos un sobre complementario cos seus datos e o lema). Data límite: 18 de xullo

Envio a través de correo ordinario

As obras enviaranse por quintuplicado, á seguinte dirección sen sinatura e con un lema. En sobre aparte e pechado, figurará o lema que distinga o traballo, e no seu interior irá o nome e apelidos do autor/a, enderezo, teléfono, poboación de residencia, declaración formal de que a obra é inédita, xunto cunha pequena biografía do autor/a.

CONCELLO DE VILALBA
Certame Literario
Praza da Constitución núm 1
27800 Vilalba – Lugo

Envio a través de Internet

Prazo de convocatoria rematado o 18 de xullo

As persoas que opten por esta vía deben enviar temén por correo ordinario e en sobre pechado, o nome e apelidos do autor/a, enderezo, teléfono, poboación de residencia, e declaración formal de que a obra se axusta ás normas contidas nas bases da convocatoria.

No sobre deben indicar:
CONCELLO DE VILALBA
Certame Literario (indicar o lema que distingue o seu traballo)
Praza da Constitución núm 1
27800 Vilalba – Lugo