Inicio
Concello de Vilalba
Historia do Capón
Guía do Capón de Vilalba
Comercialización
Garantía de calidade
Proxectos de futuro
Galería de imaxes
Contacte con nós
Feira do Capón 2007

cartel capón 2007

Enquisa sobre as posibilidades de consumo do capón durante todo o ano.
Para participar na enquisa clique aquí.

Encuesta sobre las posibilidades de consumo de capón durante todo el año. Para participar en esta encuesta haga clic aquí.

 

O Concello de Vilalba, capital da Terra Chá, sitúase na zona norte e interior da provincia de Lugo. As terras de Vilalba, cunha superficie de case 379 Km 2 , constitúen o segundo municipio máis grande de Galicia. Forman parte da extensa Comarca da Terra Chá e comprende administrativamente os concellos de Muras, Xermade, Vilalba, Abadín, Pastoriza, Guitiriz, Begonte, Cospeito e Castro de Rei. Limitan ó norte con Muras e Abadín, no leste con Abadín e Cospeito, polo sur con Guitiriz e Begonte, e polo oeste con Xermade e Guitiriz.

Vilalba organiza o seu territorio nun total de 30 parroquias, nas que vive unha poboación de 16.110 habitantes. Destes, cerca de cinco mil concéntranse na vila de Vilalba, capital municipal e único núcleo urbano do municipio. Dista da capital provincial en 36 Km.

Como indica o nome da comarca na que se inclúe, a topografía deste termo caracterízase pola súa planicie, agás nas zonas periféricas do norte, por onde se estende a Serra da Carba, que con altitudes de 800 e 900 m. constitúe o reborde montañoso que individualiza a comarca; e cara o sudeste, a Pena do Mirador, elevación que pon límite co municipio de Guitiriz. Os ríos Trimaz e Madalena discorren por unha paisaxe na que as masas forestais abranguen o 60% do territorio.

A Terra Chá pódese definir como unha comarca rural cunha economía de clara vocación agrícola e gandeira. A actividade económica predominante é a agrícola, que se orienta case exclusivamente á gandería bovina, e que ocupa ó 45,43 % da poboación activa. A climatoloxía e os solos permiten que haxa gran cantidade de terreos dedicados a praderías para a numerosa cabana bovina, onde conviven modernas instalacións con explotacións de carácter familiar de pequeno tamaño e que tenden ó autoconsumo, orientado sobre todo a unha produción láctea. Naqueles lugares da comarca onde a topografía é máis montañosa cobra auxe a gandería extensiva dedicada á produción cárnica e na que predomina a raza autóctona Rubia Galega.

Con respecto á industria, a máis importante é a derivada do sector primario, é dicir a agroalimentaria, representada por unha empresa de produtos lácteos, e algunhas pequenas industrias de embutidos, xamóns e queixo de San Simón.

A gastronomía complementa o atractivo da vila na que hai que destacar o queixo de San Simón, o roscón e os célebres Capóns de Vilalba que se comercializan nunha feira anual, que ten lugar o 21 de decembro.