InicioNovasBorrador automático

BASES REGULADORAS DO I ENTROIDO GASTRONÓMICO DE VILALBA

  1. Obxecto e finalidade

 

O Concello de Vilalba, a través da súa Concellería de Turismo e Promoción do Comercio Local, convoca á hostalería a participar das primeiras xornadas de degustación “ENTROIDO GASTRONÓMICO DE VILALBA”, a fin de que todos os bares, restaurantes e establecementos hoteleiros con servizo de cociña do termo municipal que así o desexen, ofrezan tapas, pinchos e/ou menús (ou pratos en carta) especiais nos que os produtos típicos do entroido galego sexan os protagonistas, isto é: Cocido, lacón con grelos, caldo, cachucha, botelo, androlla, filloas, orellas, rosquillas de anís, leite frito, etc...

 

Así mesmo, aqueles establecementos que non dispoñan de cociña (bares enfocados á coctelería etc..) ademais de xogar coma reclamo coa presenza dos postres típicos anteriormente citados coma complemento, terán a posibilidade de participar ofertando unha proposta de Cocktail/Combinado especial ou ben unha Carta de Cocktails/Combinados especificamente deseñada para a ocasión. Para este fin, poderán atopar inspiración nos licores típicos do entroido galego (xastré) e/ou o tradicional licor café.

 

Ademais, no seguinte enlace axuntamos unha relación das bebidas máis típicas do entroido naqueles lugares do mundo onde esta festa contan con unha tradición e implantación significada, co fin de que atopen tamén inspiración para o cocktail/combinado (ou carta de cocktais/combinados) que oferten no marco desta I Edición do Entroido Gastronómico de Vilalba: http://www.laboticaindiana.es/blog/que-se-bebe-en-los-carnavales-mas-famosos-del-mundo/

 

Coma elementos distintivos e seguindo a estratexia de potenciación do noso que pretendemos dende o Concello de Vilalba, está permitida tamén a inclusión de produtos típicos de Vilalba, tales coma o Queixo de San Simón, mel da Serra da Carba ou Roscón de Vilalba, entre outros.

 

 

  1. Motivación

 

Non estamos a descubrir nada novo se afirmamos que o gastronómico constitúe o novo elemento de “tirón” para o sector turístico en Galicia. Tampouco, se aseguramos que Vilalba ten a materia prima, os establecementos e a capacidade de esforzo colectivo para se converter nun referente neste ámbito.

 

A recente celebración do “Vilalba de Tapas”, ou o concurso de tapas, concibido coma a antesala da Feira do Queixo de San Simón da Costa, constitúen sen lugar a dúbidas unha boa mostra da receptividade comarcal a este respecto, mais dende a Concellería de Turismo e Comercio (que abrangue no seu ámbito de competencias a da dinamización da hostalería) non queremos perder a oportunidade de ir máis alá.

Os recentes datos recollidos polo Instituto de Estudos Turísticos (IET), relativos ao aumento en máis do 30% do Turismo Gastronómico, contrastados coa retracción do crecemento do número de visitantes ao noso Concello, falan ás claras dunha necesidade/oportunidade que xa souberon ver outros Concellos e cidades, isto é: a de impulsar un novo produto turístico, a gastronomía, coma valor diferencial, coma elemento de cultura e patrimonio inmaterial.

 

 

  1. Profesionais aos que se dirixe

 

- Responsable ou propietario/a dun restaurante e/ou establecemento hoteleiro con servizo de cociña.

- Responsable ou propietario/a dun bar con servizo de cociña.

- Responsable ou propietario/a dun bar que non dispoñan de cociña (bares enfocados á coctelería etc..)

 

 

  1. Mecánica de participación

 

Os/as profesionais que desexen participar nesta I EDICIÓN DO ENTROIDO GASTRONÓMICO DE VILALBA deberán enviar á dirección de correo: comercio@vilalba.es a seguinte relación de datos antes das 15:00h do MARTES 4 DE FEBREIRO.

 

 

1º Suposto: Se es responsable ou propietario/a dun restaurante e/ou establecemento hoteleiro con servizo de cociña:

 

- Nome do establecemento.

- Teléfono do establecemento.

- Dirección do establecemento.

- Logotipo ou foto do logotipo (tamén válida da rotulación exterior) do establecemento.

 

- Elixe unha das dúas opcións que seguen:

 

  1. Unha proposta de menú especial de acordo co exposto no FORMATO destas bases, que inclúa un 1º prato, un 2º prato, pan, bebida e postre (e/ou Cocktail/Combinado), ou ben, un menú degustación que inclúa pan, bebida e postre (e/ou Cocktail/Combinado).

 

  1. Unha proposta de prato especial a incluír en carta de acordo co exposto no FORMATO destas bases, nos días que dure a celebración da I Edición do Entroido Gastronómico de Vilalba. De elixir esta opción, é obrigatorio que figure a relación de ingredientes.

 

- Opcional:

 

  1. Unha proposta de tapa/as ou pincho/os especial e/ou unha proposta de Cocktail/Combinado, de acordo co exposto no FORMATO destas bases. No caso das tapas/ pinchos, así coma na dos cocktails/combinados tamén é obrigatorio que figure a relación de ingredientes.

 

 

2º Suposto: Se es responsable ou propietario/a dun bar con servizo de cociña:

 

- Nome do establecemento.

- Teléfono do establecemento.

- Dirección do establecemento.

- Logotipo ou foto do logotipo (tamén válida da rotulación exterior) do establecemento.

 

- Elixe unha ou as dúas opcións que seguen (Opción “A” obrigatoria)

 

  1. Unha proposta de tapa/as ou pincho/os especial, de acordo co exposto no FORMATO destas bases. No caso das tapas/pinchos é obrigatorio que figure a relación de ingredientes.

 

  1. Unha proposta Cocktail/Combinado de acordo co exposto no FORMATO destas bases. No caso dos Cocktails/Combinados tamén é obrigatorio que figure a relación de ingredientes.

 

 

3º Suposto: Se es responsable ou propietario/a dun bar que non dispoñan de cociña (bares enfocados á coctelería etc..)

 

- Nome do establecemento.

- Teléfono do establecemento.

- Dirección do establecemento.

- Logotipo ou foto do logotipo (tamén válida da rotulación exterior) do establecemento.

 

- Unha proposta de Cocktail/Combinado especial ou Carta de Cocktails/Combinados específicamente deseñada para a ocasión, de acordo co exposto no FORMATO destas bases. É obrigatorio que figure a relación de ingredientes tanto no deseño dunha única creación coma na da carta.

 

Se, ademais, o establecemento opta por utilizar coma reclamo coa presenza de postres típicos do entroido, é preciso que no o especifique no propio correo.

 

 

  1. Datas

 

A I EDICIÓN DO ENTROIDO GASTRONÓMICO DE VILALBA celebrarase todos os venres, sábados e domingos do 7 ao 22 de Febreiro.

 

Pensando naqueles establecementos que non abran os domingos, o Concello de Vilalba fará constar na cartelería individual a repartir a cada establecemento participante, así coma na revista especial de promoción da I EDICIÓN DO ENTROIDO GASTRONÓMICO DE VILALBA (Toda a información no punto 8 destas bases) esta circunstancia, a modo informativo.

 

 

  1. Horarios

 

Os menús (ou pratos) especiais, así coma os cocktails/combinados adecuaranse aos habituais de cociña e barra de cada un dos establecementos participantes. No tocante ás tapas e pinchos especiais, o horario será unificado: de 13:00-15:00 e de 20:00-23:00h.

 

 

  1. Prezos

 

O prezo do menú (ou prato a incluír en carta) especial; tapa(as) especial; e/ou cocktail/combinado ou Carta de cócteles que oferte cada establecemento é completamente libre e deberá figurar na relación de datos que se axunten.

 

 

  1. Aporte do Concello aos profesionais participantes

 

Máis alá das lóxicas labores de organización, coordinación e publicidade, o Concello de Vilalba corresponderá a cada un dos/as responsables e/ou propietarios participantes pola vía de tres liñas de actuación diferenciadas:

 

  1. Cartelería e impresión.

 

- Entrega de 2 carteis oficiais en tamaño A3 da I EDICIÓN DO ENTROIDO GASTRONÓMICO DE VILALBA por establecemento, co fin de que cada participante poida colocar un deles dentro do local e outro na porta ou ventá con vistas á rúa no seu establecemento.

 

- Entrega de 2 Carteis en tamaño A3 do menú (ou prato) especial; tapa(as) especial; e/ou cocktail/combinado ou Carta de cócteles que oferte cada participante no marco da I EDICIÓN DO ENTROIDO GASTRONÓMICO DE VILALBA, co fin de que cada participante poida colocar un deles dentro do local e outro na porta ou ventá con vistas á rúa no seu establecemento.

 

- 1 exemplar da revista especial de promoción da I EDICIÓN DO ENTROIDO GASTRONÓMICO DE VILALBA por establecemento, onde figurará toda a información da oferta, establecementos participantes, foto de grupo dos propietarios/responsables dos establecementos participantes, así coma un mapa/roteiro da iniciativa. (A toda cor)

 

A idea é que estea presente e visible ao público na barra de todos os establecementos participantes, así coma na Casa da Cultura, na Oficina Municipal de Turismo e naqueles establecementos hoteleiros/albergues do Concello e dos Concellos da Contorna.

 

  1. Difusión en redes e promoción en medios de comunicación.

 

O Concello de Vilalba fará un especial esforzo na difusión, en formato dixital e a través das redes e canles de comunicación oficiais do Concello, de todos os contidos anteriormente expostos, co que iso significa en termos de publicidade gratuíta para os establecementos participantes. Do mesmo xeito, nas diferentes notas de prensa enviadas dende o Concello sempre figurará a relación total de participantes.

 

  1. Presentación oficial.

 

Todos os responsables e/ou propietarios/as dos establecementos participantes estarán convidados a participar da rolda de prensa de presentación da I EDICIÓN DO ENTROIDO GASTRONÓMICO DE VILALBA (ÁS 17:30H do XOVES 6 DE FEBREIRO). Haberá foto de grupo.