InicioNovasBASES ENTROIDO 2020

BASES ENTROIDO 2020

BASES QUE REXERÁN AS AXUDAS ÁS COMPARSAS QUE PARTICIPEN NOS ACTOS PROGRAMADOS CON MOTIVO DO ENTROIDO 2020 DO CONCELLO DE VILALBA

 

O Concello de Vilalba, ao obxecto de incentivar a participación cidadá nos actos do concurso do Entroido 2020, establece as normas reguladoras e as axudas económicas que outorgará ás comparsas e disfraces que interveñan nos actos citados de acordo coas seguintes bases:

 

PRIMEIRA.- Poderán participar nos actos programados polo Concello de Vilalba con motivo do concurso do Entroido e ser beneficiarias destas axudas calquera asociación ou entidade legalmente constituída, así como os “grupos ocasionais” que cumpran as condicións establecidas nestas bases. Neste último caso, deberán nomear a un/unha representante debidamente autorizado/a para actuar en nome do grupo.

 

SEGUNDA.- Para poder optar ás axudas reguladas nestas bases é condición indispensable formalizar a inscrición na modalidade que se elixe para participar, e presentar toda a documentación requirida (de acordo aos modelos dos anexos A , B e C) por  o Rexistro Xeral do Concello de Vilalba ou a través do rexistro da sede electrónica (https://vilalba.sedelectronica.es). Prazo de inscrición desde o 5 ao 21 de febreiro de 2020 ás 14:00h.

 

O Concello resérvase o dereito de non admitir a inscrición daquelas comparsas que en anos anteriores non acreditaran os mínimos de calidade e orixinalidade no seu vestiario ou actuación.

 

No momento de formalizar a inscrición achegarán no Rexistro Xeral do Concello a documentación a que se fai referencia nos parágrafos seguintes. Tamén terán que achegar, distinguíndose entre os grupos ocasionais e as entidades con personalidade xurídica:

 

COMPARSA (formularios do ANEXO A)

  • Folla de inscrición
  • Certificación expedida pola entidade bancaria no que conste o número de conta e o seu titular, tendo en conta que a titularidade debe ser ostentada polo representante do grupo ocasional
  • Declaración responsable do representante do grupo de non estar incurso en ningunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 e 3 da Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. A tal efecto os integrantes do grupo teñen que nomear un/ha representante con autorización expresa para presentar a solicitude e para o cobro do importe correspondente ás axudas.
  • Declaración responsable de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
  • Declaración responsable sobre o compromiso de levar a cabo as actividades recollidas nas bases.
  • Declaración responsable sobre compromiso de execución da actividade subvencionada.
  • Fotocopia do DNI de cada un dos compoñentes do grupo (ou dos seus representantes legais, en caso de menores de idade) xunto coas autorizacións dos seus respectivos representantes legais (no caso de ser menores de idade) autorizándoos a participar no desfile e nos actos programados con motivo do Entroido.
  • Ficha técnica da comparsa, na que consten:

__Nome e DNI da persoa que vai actuar como representante da comparsa o día do desfile, que actuará como interlocutor da     comparsa coa organización e que deberá estar permanentemente             identificado coa credencial que lle facilitará a organización.

__Indicación, o máis detallada posible, da temática e características dos             disfraces da comparsa ao obxecto de facilitarlle á organización a súa   identificación visual.

__Indicación de se van ir acompañados de remolques ou outros artefactos detallando as súas dimensións e sistemas de tracción.(No        caso de celebrarse no pavillón as medidas dos accesos son: de acceso           exterior é 2,90m ancho, portón de entrada 4 m de ancho e 2,25m de       alto).

__Se van ir acompañados de música, deberán facer chegar o arquivo     de música en mp3 128-192Kbps nun pendrive ou por correo electrónico         a Cultura@vilalba.es, indicando no asunto Música  e nome da    comparsa, adxuntar o arquivo musical que non excederá de tres minutos e trinta segundos para comparsas.

 

ENTIDADES LEGALMENTE CONSTITUÍDAS, (formularios do ANEXO B)

  • Folla de inscrición
  • Fotocopia do DNI do representante legal da Asociación.
  • Fotocopia da Tarxeta de Identificación Fiscal.
  • Declaración responsable de non estar incursa en ningunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 e 3 da Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
  • Declaración responsable de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
  • Declaración responsable sobre o compromiso de levar a cabo as actividades recollidas nas bases.
  • Certificación expedida pola entidade bancaria na que conste o número de conta e o seu titular, tendo en conta que a titularidade debe ser ostentada pola asociación.
  • No caso de menores de idade, autorizacións dos seus respectivos representantes legais autorizándoos a participar no desfile e nos actos programados con motivo do Entroido.
  • Ficha técnica da comparsa, na que consten:

__Nome e DNI da persoa que vai actuar como representante da comparsa o           día do desfile, que actuará como interlocutor da comparsa coa organización e que deberá estar permanentemente identificado coa credencial que lle facilitará a organización.

__ Indicación, o máis detallada posible, da temática e características dos   disfraces da comparsa ao obxecto de facilitarlle á organización a súa   identificación visual.

__Indicación de se van ir acompañados de remolques ou outros        artefactos detallando as súas dimensións e sistemas de tracción. (No caso de celebrarse no pavillón as medidas dos accesos son: de acceso exterior é 2,90m ancho,  portón de entrada 4 m de ancho e 2,25m de alto).

__Se van ir acompañados de música, deberán facer chegar o arquivo de música en mp3 128-192Kbps nun pendrive ou por correo electrónico a Cultura@vilalba.es, indicando no asunto Música  e nome da comparsa, adxuntar o arquivo musical que non excederá de tres minutos e trinta segundos para comparsas.

 

INDIVIDUAL E PARELLA, INFANTIL, XUVENIL E ADULTO, (formulario ANEXO C)

 

  • Folla de inscrición
  • Certificación expedida pola entidade bancaria no que conste o número de conta e o seu titular, tendo en conta que a titularidade debe ser ostentada polo representante do grupo ocasional.
  • Declaración responsable do representante do grupo de non estar incurso en ningunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 e 3 da Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. A tal efecto os integrantes do grupo teñen que nomear un/ha representante con autorización expresa para presentar a solicitude e para o cobro do importe correspondente ás axudas.
  • Declaración responsable de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
  • Declaración responsable sobre o compromiso de levar a cabo as actividades recollidas nas bases.
  • Declaración responsable sobre compromiso de execución da actividade subvencionada.
  • Fotocopia do DNI de cada un dos compoñentes da parella ou individual (ou dos seus representantes legais, en caso de menores de idade) xunto coas autorizacións dos seus respectivos representantes legais (no caso de ser menores de idade) autorizándoos a participar no desfile e nos actos programados con motivo do Entroido.
  • Ficha técnica na que consten:

__Nome e DNI da persoa que vai actuar como representante o día do     desfile, que actuará como interlocutor  coa organización e que deberá estar permanentemente identificado coa credencial que lle facilitará a       organización.

__Indicación, o máis detallada posible, da temática e características dos             disfraces ao obxecto de facilitarlle á organización a súa identificación   visual.

__Indicación de se van ir acompañados de remolques ou outros artefactos detallando as súas dimensións e sistemas de tracción. (No       caso de celebrarse no pavillón as medidas dos accesos son: de acceso           exterior é 2,90m ancho, portón de entrada 4 m de ancho e 2,25m de       alto).

__Se van ir acompañados de música, deberán facer chegar o arquivo     de música en mp3 128-192Kbps nun pendrive ou por correo electrónico         a Cultura@vilalba.es, indicando no asunto Música  e nome da    comparsa, adxuntar o arquivo musical que non excederá de un    minuto e trinta segundos.

 

TERCEIRA.- Entenderase por:

  • Comparsa : Agrupación de máscaras cun número de 8 ou máis persoas.

 

            Comparsa Infantil e xuvenil: de 0_14 anos, (nados entre o 2006 e 2020).         Poderán ir acompañadas como máximo de dúas persoas adultas que participen      como apoio á comparsa sen disfrace.

            Comparsa Adultos: a partir de 15 anos, (nados 2005 e anteriores).

            Comparsa Mixta: adultos e nenos.

 

  • Individuais: (1 participante)

 

            Individual Infantil e Xuvenil 0_14 anos, (nados entre o 2006 e 2020).

            Individual Adulto Máis de 15 anos, (nados 2005 e anteriores).

 

  • Parellas:(2 participantes)

 

            Parellas Infantil e Xuvenil 0_14 anos, (nados entre o 2006 e 2020).

            Parellas Adulto Máis de 15 anos, (nados 2005 e anteriores).

 

CUARTA.- As comparsas deberán gardar unha unidade temática, tanto no seu vestiario coma na súa actuación. Non se consideran comparsas con dereito a inscrición e participación aquelas que en anos anteriores repetirán o seu disfrace.

 

QUINTA.- As comparsas que opten ás axudas terán que reunir os requisitos sinalados nas Bases 2ª, 3ª e 4ª e, ademais deberan ter en conta, todos os participantes que leven acompañamento musical que non poderán excederse do tempo determinado para a actuación (tres minutos e trinta segundos para comparsas e  un minuto e trinta segundos) para parellas e individuais.

 

A organización do Entroido só se fará cargo de poñer a música se o desfile se fai no interior do pavillón, en caso de realizarse pola rúa, cada un será responsable do seu acompañamento musical.

 

No caso de condicións climáticas adversas, o desfile celebrarse no pavillón municipal onde as medidas dos accesos son: de acceso exterior é 2,90m ancho, o portón de entrada 4 m de ancho e 2,25m de alto.

 

Poderán presentarse neste concurso tódalas comparsas e disfraces que o desexen, tanto físicas como xurídicas.

 

SEXTA.- Destínase un crédito máximo de 5.180,00€ que se imputará á aplicación orzamentaria 338.48942 do orzamento municipal prorrogado de 2019 para as axudas ás comparsas que participen nos actos programados con motivo do Entroido.

Estes 5.180,00€ hanse repartir de acordo a estes criterios:

 

PREMIOS
INFANTIL E XUVENIL (DE 0 A 14 ANOS , (nados entre o 2006 e 2020)
INDIVIDUAL PARELLA COMPARSA
1º premio: 80€

2º premio: 50€

3º premio: 30€

1º premio: 125€

2º premio: 100€

3º premio: 75€

1º premio: 300€

2º premio: 220€

3º premio: 160€

 

ADULTOS ( MÁIS DE 15 ANOS, (nados 2005 e anteriores).
INDIVIDUAL PARELLA COMPARSAS

Mixta e Adultos

1º premio: 110€

2º premio: 80€

3º premio: 50€

 

1º premio: 140€

2º premio: 100€

3º premio: 60€

1º premio: 700€

2º premio: 500€

3º premio: 400€

4º premio: 300€

5º premio: 200€

 

PREMIOS ESPECIAIS

COMPARSAS

(Infantil ,Adulto e Mixtas)

 

Acumulables a outros premios

 _ Máis orixinal (mellor posta en escea, elaboración do disfraze, ...) :  200€

 

_ Máis simpático (mellor humor, crítica a temas de actualidade, ..) : 200€

 

PREMIOS ESPECIAIS

PARTICIPACIÓN COMPARSAS

(Infantil, Adulto e Mixtas)

 

_1.000€ a repartir  entre todas as comparsas que participen e non acaden premio, cun máximo de 100€ por comparsa.

 

 

Todos os participantes levaran un vale de chocolate con churros, e os nenos/as menores de 14 anos unha bolsa de chuches.

 

Estas axudas estarán suxeitas ás retencións fiscais establecidas na lexislación vixente.

 

A Comisión Avaliadora poderá excluír das subvencións a aquelas comparsas que non acrediten as condicións mínimas esixidas, reflectíndoo na acta de resultado.

 

A non participación no desfile conlevará a exclusión automática da percepción destas axudas.

 

Os aboamentos dos premios serán tramitados polo concello de Vilalba através dunha transferencia bancaria, previamente será necesaria a presentación do certificado con número de conta ao realizar a inscrición.

 

SÉTIMA.- A Comisión Avaliadora darase a coñecer por resolución da alcaldía, e farase pública na páxina web www.vilalba.org e na Sede Electrónica do concello, antes de finalizar o prazo de inscrición do Entroido.

 

O día da celebración do desfile a Comisión Avaliadora comprobará que as comparsas participantes reúnen, coa súa participación no desfile, as condicións requiridas nestas bases. A resultas desta comprobación, a Comisión Avaliadora fará a correspondente proposta de concesión das axudas reguladas nestas Bases.

 

Os premiados daranse a coñecer unha vez rematado o desfile.

 

OITAVA.-  Participación e actuación:

Os participantes farán un desfile pola vila o martes 25 de febreiro de 2020 a partir das 17.00h con saída da rúa Castelao o lado da estación de autobuses de Vilalba, debéndose presentar ás 16.30h e 16:50h no punto de recollida de dorsais, quedando excluído o que non se presente puntualmente.

 

O Concello de Vilalba poderá modificar a ubicación do desfile do Entroido no caso de previsión meteorolóxica de chuvia. En caso de tomar esta decisión comunicaríaselles a todos os participantes vía SMS ao número de teléfono indicado na folla de inscrición.

 

Si as condicións meteorolóxicas son adversas o desfile pasará a realizarse no pavillón municipal.

 

Para calquera dúbida poden poñerse en contacto no teléfono: 982 510761 (Departamento de Cultura).

 

NOVENA.-.As presentes bases serán publicadas na páxina web municipal htpp://www.Vilalba.org. nas redes sociais e no taboleiro da sede electrónica do Concello de Vilalba.

 

DÉCIMA.- A inscrición e participación no Entroido Vilalbés implica a aceptación destas bases.

 

UNDÉCIMA._Segundo a Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslles que os datos que se solicitan nas presentes bases pasarán a formar parte dun ficheiro debidamente inscrito na Axencia Española de Protección de Datos, responsabilidade do Concello de Vilalba, coa finalidade de xestionar a presente solicitude. Vostede pode exercer os dereitos de oposición, acceso, rectificación e cancelación dirixíndose ás nosas oficinas coa súa solicitude e a fotocopia do seu DNI.

 

 

ANEXO A.-FOLLA DE INSCRICIÓN. Grupos Ocasionais

ANEXO B.-FOLLA DE INSCRICIÓN .Asociacións legalmente constituídas.

ANEXO C. FOLLA DE INSCRICIÓN. INDIVIDUAIS E PARELLAS