InicioNovasBASES DO RETO LECTOR 2020

BASES DO RETO LECTOR 2020

1. Obxecto e finalidade
A Biblioteca Municipal do Concello de Vilalba, convoca o concurso “Reto de Lector
2020”. Co obxecto de fomentar a lectura e crear o hábito de visitar a biblioteca como
espazo público de lecer.

2. Persoas ás que se dirixe
Os socios da Biblioteca maiores de idade (o carné é gratuíto e faise no momento).

3. Mecánica de participación
A biblioteca estipula un estilo ou xénero literario diferente cada mes, propoñendo a
través dunha mostra bibliográfica diversidade de títulos. As persoas que desexen
participar deberan recoller na biblioteca unha cuartilla na que mensualmente se
verificará as lecturas que están a facer. Todas as lecturas deben ser títulos da
biblioteca.
Ata o 30 de decembro de 2020 recolleranse todas as cuartillas nos que estean
cubertos todos os meses, e entre todas elas se realizará o concurso.

4. Datas do concurso
As bases publicaranse o 3 de febreiro de 2020 nas redes sociais do Concello de
Vilalba (Facebook e Instagram), na web vilalba.org e na propia biblioteca. O sorteo
realizarase o na primeira quincena de xaneiro 2021 na presencia da Secretaria do
Concello.

5. Premios
O premio consistirá no sorteo entre os participantes dunha cesta de libros por valor de 100€. Con cargo á aplicación orzamentaria 334.48942 (orzamento municipal 2020 do Concello de Vilalba).

6. Protección de datos de carácter persoal
Os usuarios aceptan, mediante a súa participación neste concurso os términos de
estas bases. Os datos persoais facilitados non serán incorporados a ningún ficheiro e serán utilizados unicamente coa finalidade de xestionar a participación no concurso.

7. Responsabilidades.
O Concello de Vilalba resérvase o dereito de anular a calquera participante se se
teñen sospeitas dunha manipulación incorrecta dos datos ou do concurso.

8. Aceptación das bases do concurso
A organización resérvase o dereito de acortar, prorrogar, modificar ou cancelar este
concurso se así o estima conveniente ou se concorreran circunstancias excepcionais
que impediran a súa realización.